3 jul. 2017

XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA: QUE FANTÁSTICA EXPERIENCIA!


Este final de curso foi moi especial para os Clubs de Lectura, especialmente para o noso. 
Tivemos a oportunidade de pasar un día xuntos en Santiago nunha fantástica xornada onde participamos máis de 1.200 persoas e onde poidemos intercambiar libros, ir a obradoiros de poesía, teatro, radio, manga, grafitti, ou aprender a contar unha historia de medo ou coñecer as autoras e autores máis importantes que lemos nos nosos clubes. 
Coñecimos a un montón de rapaces e rapazas doutros clubs de toda Galicia cos que puidemos falar dos nosos gustos e mesmo facerlles recomendacións das nosas lecturas! 



Pero o máis especial para nós foi participar no obradoiro "Como facer un programa de libros en tv dixital" con Óscar López, director e presentador do programa de televisión "Página 2" de TVE. Fomos seleccionados canda outros catro centros de Galicia para traballar neste obradoiro así que semanas antes estivemos ordeando ideas no noso club e María foi quen nos representou diante das 1200 persoas que ateigaban o auditorio: o club de lectura do CPI Progreso de Catoira estivo magnificamente representado!.
Podedes ver esta reportaxe da TVG sobre esta xornada onde tamén participa María, a nosa representante
Moitas grazas por organizar esta fantástica xornada, para nós foi inesquecible!

No hay comentarios:

Publicar un comentario