29 nov. 2016

VISITA A EXPOSICIÓN "O ROSTRO DAS LETRAS"

Fomos á exposición "O rostro das letras" no Museo Provincial de Pontevedra. Alí nos explicaron a historia da fotografía e vimos moitas das fotografías de persoas relacionadas coas letras: Valle-Inclán, Pérez Galdós, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro... Moi interesante e moi divertido! Cadaquén tivo ocasión de escoller a súa personaxe ou fotografía preferida. Queredes velas? Premede  na presentación!

8 nov. 2016

OS NOSOS MEDOS

Avanzamos na lectura do noso libro "Un monstro vén a verme" e falamos dos medos, dos que aparecen no libro e tamén dos nosos. E fixemos este poster dixital:
E ti, a que lle tes medo?

26 oct. 2016

UN MONSTRO VÉN A VERME

Para @s que comezan o Club este ano, temos unha lectura de moita actualidade:

Xa limos os primeiros capítulos e as impresións son moi boas, aínda que xa soltamos algunha bágoa.... e houbo quen xa foi ver a película na que está baseada o relato. Cando rematemos será a ocasión de comprobar as semellanzas ou diferencias. Se queres saber máis do libro que  estamos lendo, podes premer aquí e se queres coñecer algo máis do autor, Patrick Ness, esta é a súa páxina web. A nosa próxima cita: o Martes 8 de novembro



18 oct. 2016

PRIMEIRA LECTURA "A granxa dos animais"


Esta foi a lectura que escollemos para comezar a nosa andaina lectora deste ano: 
" A granxa dos animais" de George Orwell.
Conecta coa derradeira lectura do curso pasado por algunhas razóns, entre outras estar protagonizado por animais... polo de agora as primeiras impresións foron boas, xa veremos cales son as nosas conclusións na próxima reunión.

Como guía de lectura fixemos unha presentación das personaxes, a ver que vos parece:


11 oct. 2016

QUE TIPO DE LECTOR/A ES?

Este é o resultado:
María: eu son unha lectora cronolóxica e espírito libre.
Rita: eu son unha lectora ocupada 1 e cronolóxica. 
Javier: eu son un lector somnoliento,librófilo,espírito libre e tamén son cronóloxico.
Ainhoa:eu son somnolienta e tamén un espírito libre.
Jacobo: eu son librófilo e espírito libre. 

Regina: eu son multi-tarefa e tamén somnolienta.
Lorena: eu son compulsiva e somnolienta.
Mateo: eu son un lector somnoliento e cronolóxico.
Nerea: eu son unha lectura compulsiva, lilbrófila e cronolóxica.
Alba: eu son unha lectora somnolienta e librófila.
Noelia: eu son unha lectora somnolienta, cronolóxica e librófila.
Iria: eu son unha lectora compulsiva, ocupada, espírito libre e cronolóxica.
E ti, que lector/a es? Preme aquí para averigualo

3 oct. 2016

COMEZAMOS O CURSO!

Aínda non te anotaches??? A que agardas?
 O MARTES 11 comezaremos as reunións do club e tes ata o venres 7 para anotarte. 
Este ano as prazas son limitadas e atenderanse por orde de inscrición.

30 jun. 2016

VIDEO RESUMO DO NOSO ANO LECTOR


Un ano máis, despedimos o curso cun video resumo no que facemos memoria do que pasou neste ano: moitas sorpresas, moitas lecturas e moitas risas. Para o ano máis e mellor!

12 may. 2016

TRES LIBROS SOBRE O MESMO TEMA

 Para este derradeiro trimestre do curso, escollimos tres libros sobre a mesma temática, pero son tres libros moi distintos: un libro de banda deseñada, un libro de cartas e un diario. fromas e perspectivas distintas para falar dunha época.

Para introducir o "Diario de Anne Frank" fixemos unha visita virtual en 3D á súa casa que podedes facer premendo aquí. Superchula! Tamén podedes ver este video sobre a súa corta vida


7 abr. 2016

LER E MERENDAR: TODO ALIMENTA


Hoxe coma no resto das reunións, ademais de comentar as lecturas, tamén merendamos. E mirade que sobremesas caseiras trouxemos ao club: unha marabilla! Aquí ademais de ler xuntxs e ser grandes lectorxs, tamén somos grandes cociñeirxs!

PRESENTACIÓN PERSONAXES "O LADRÓN DE SOÑOS"

E ao remate do libro "O ladrón de soños" fixemos unha presentación coas personaxes e os debuxois que fixemos deles. A que está super-chulo??

"O LIBRO DAS ALQUIMIAS"


Esta é a nosa primeira lectura do ano 2016: "O libro das Alquimias"É unha lectura compartida entre o noso club e o do IES de Poio que ademais emprestounos moitos dos libros.Promete moito: fantasía pero tamén realidade, adolescentes e tamén anciáns, historia pero tamén ficción... 

22 ene. 2016

IV CERTAME RELATO CURTO FANPA

Xa está aberto o prazo de presentación de traballos para o IV Certame de Relato Curto que organiza a FANPA. Unha boa ocasión para que utilicedes as vosas dotes de escritorxs e mandedes un traballo. Podedes ver os premios e bases premendo na imaxe


21 ene. 2016

XA ESCOLLEMOS LECTURA!

Para comezar este ano, escollemos o primeiro libro de "O mundo secreto de Basilius Hoffman": "O ladrón de soños". 
Aquí algunhas primeiras impresións:

"Eu non tiña moitas ganas de escollelo porque ese tipo de libros non me gustan,pero hai que probar cousas novas"
"A elección deste libro foi moi divertida, tiñamos 15 libros para escoller,pero cun pequeno detalle,non sabiamos o título nin viamos a portada ! Con respecto ao libro, creo que me gustará moito"
"Para elexir este libro non puidemos nen mirar a capa nen a contracapa, só o puidemos xuzgalo polo interior. Ao final escollemos este e pareceme moi ben"
"Ten unha portada moi bonita, uns debuxos moi traballados e como é de ciencia ficción parece moi interesante"

Este é o primeiro libro da serie "O mundo secreto de Basilius Hoffman", dos que xa hai publicados tres:
Se premes na imaxe terás moita máis información desta, polo de agora, triloxía


18 ene. 2016

ENCONTRO CON XESÚS FRAGA, AUTOR DE "REO"

O pasado xoves e como colofón á nosa lectura de "Reo", tivemos ocasión de compartir unha sesión moi agradable co autor da obra, Xesús Fraga. Prestouse a falar con nós a través do skype e unha vez feitos os axustes de conexión e audio, conseguimos un encontro virtual  que salvou a distancia física e nos achegou máis á obra que leramos e á faceta de escritor de Xesús Fraga


Puidemos facerlle preguntas sobre a súa obra, sobre como traballa, sobre os retos aos que se enfronta como escritor...e tamén nos deu algunha primicia! Esperamos que haxa algunha sorpresa con Reo nos próximos tempos...e ata aquí podemos falar :)
Moitas grazas a Xesús Fraga pola súa xenerosidade e a súa simpatía! Ata outra!

14 ene. 2016

VALORACIÓN DA ÚLTIMA LECTURA

Aquí van as nosas opinións sobre "La edad de los milagros"

Pareceume un libro distinto aos demais, con moita intriga polo que lle pasará á protagonista e os demais personaxes ao longo da historia.

A min pareceume que e moi bonito, pero ha personaxes que te poden confundir.

A min pareceume un libro diferente os que eu lín xa que  este mantén a intriga ata o final.

Este libro pareceume interesante e con moita intriga.Eu recomendariao por as aventuras e conflitos que suceden na historia.


Pareceume un libro moi bonito. Mantén a intigra durante todo o libro, o que máis me gustou foi o da parte de ciencia.

Pareceume un libro do maís interesante e divertido,e vo lo recomendaria a todos.Xa que o final, non volo conto.