19 nov 2015

UN CLUB MOI NUMEROSO

Este ano somos tantos que fixemos dous grupos. Aínda que para a foto non estabamos todos, xa somos un bo lote e ainda podemos ser máis!

5 nov 2015

VOCABULARIO GRAFFITEIRO

Nesta primeira sesión xa nos manexamos con termos que son novos. Aquí vai o noso vocabulario graffiteiro:

- Chichote: palabra autóctona de Madrid usada para denominar ao grafiteiro de pouca calidade. :3

- Wild Style: graffiti complexo e moi utilizado con moitos adornos. Non se entende o que pon. ^^
-Crew: Grupo de escritores que traballan en grupo.

- Tags: Unha sinatura que se plasma nas paredes.

-Pratas: Peza pintada unicamente con pintura prateada.

- Peza: Traballo dun escritor que acostuma conter o seu nome.

-Kekos: Bonecos que parecen debuxos ou caracteres.




REO, O REI DOS GRAFFITEIROS

Esta é a nosa primeira lectura neste curso "Reo" de Xesús Fraga: a historia dun rapaz calquera dun barrio calquera.  Aquí tedes o booktrailer, a que apetece saber máis?






Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e publicada na colección Costa Oeste da Editorial Galaxia