29 jun. 2015

VIDEO RESUMO DO NOSO ANO LECTOR


Aquí tedes o noso vídeo resumo do noso ano lector: moitas lecturas, moitas risas, moitas descubertas moitas sobremesas caseiras e moi bo rollo... vémonos en setembro!

ENCONTRO CO CLUB DE LECTURA DO IES DE POIO

Para rematar as actividades deste curso tivemos un colofón xenial!: o encontro entre o noso club e o do IES de Poio!






Durante o curso xa tiveramos contacto virtual e compartimos lecturas e agora quixemos coñecernos e intercambiar impresións ao vivo.






As nosas colegas do IES de Poio organizaron un magnífico programa e leváronos a coñecer o Mosteiro de Poio, os arredores e Combarro.



Despois de xantar tivemos ocasión de intercambiar agasallos e falar das lecturas que fixemos durante o curso e as que nos gustaría facer. 




Que ben o pasamos!!
No seu blog "Os trasnos dos libros" tamén podedes ver que foi unha xornada ben linda para tod@s

Un fantástico irmandamento de libros,lecturas e lector@s que terá a súa continuación a comezos do próximo curso cando recibamos en Catoira aos nos@s colegas do IES de Poio. 
Moitas grazas a tod@s!!