28 may. 2015

NOVA LECTURA: "CROQUETAS Y WASAPS"


Foi unha lectura moi suxestiva para rematar o curso e seleccionamos aquelas frases que máis nos chegaron.... 

ESCOLLA DA NOVA LECTURA


Para escoller esta última lectura por este curso, volvimos a probar a nosa capacidade de observación e o noso criterio para elexir as lecturas. 
Como xa fixeramos algunha outra vez, desta volta decidimos non fixarnos nas capas, nin nos títulos nin nos autores. Non queriamos ningunha distracción: fotos chulas, ilustracións fantásticas, autor@s recoñecid@s, resumos da contracapa que convidan a ler o texto... Nada diso. Libros forrados con papel de xornal e numerados.

Cadaquén colleu a súa folla de valoración e tranquilamente foi percorrendo os libros, facendo as anotacións pertinentes para identificalos.
Unha vez rematada esta primeira parte, escribimos nun papel as dúas lecturas que preferimos. Non fixo falta unha segunda volta, pois unha resultou destacada. Cando o sacamos do seu envoltorio soubemos o título: 
"Croquetas y wasaps" de Begoña Oro