25 mar 2015

NOVA LECTURA: "TES ATA AS DEZ"


Xa entramos de cheo na nosa nova lectura: "Tes ata as dez" de Francisco Castro!

Coma noutras ocasións, dedicamos unha sesión para escoller a nosa nova lectura: analisamos as capas, lemos as recensións da contracapa, lemos mesmo algunha crítica... e finalmente a maioría dediciu que esta fora a seguinte lectura no club.
Libros misteriosos, correos electrónicos dun pai morto, unha historia de amor... moitos ingredientes atractivos que iremos debullando nas próximas sesións.

Se queres máis información do libro pincha aquí

12 mar 2015

PRESENTAMOS O NOSO ELENCO DE "A RATEIRA"

Os nos@s amig@s do Club de Lectura "Os trasnos dos libros" do IES de Poio escolleron a lectura de "A rateira" de Agatha Christie e aproveitaron para xogar ás adiviñas (sobremesa mediante) como fixeramos nós. Moito nos gustou esta actividade compartida na distancia e como el@s se deron a coñecer, nós tamén nos presentamos. Xa sabedes a quen lle tocou traernos a merenda ao Club de Lectura?