22 ene. 2015

RETOS DE LECTURA

Comezamos novo ano e con él os propósitos de comezo!!
Propoñémosvos sumarnos aos "Retos de lectura" para 2015. Cántos cumpliredes? Cales vos parecen máis difíciles? Cales cumpristes xa?

    1. Un xénero que non leas con frecuencia (ou mellor aínda, que non tiñas lido nunca)
  2. Un libro publicado por unha pequena editorial independente.
    3.  Un clásico deses que se supón todo mundo debería ter lido
4.  Un libro aínda por ler dun dos teus escritores/as favoritos/as
5.  Un libro escrito por unha muller antes de 1900
6.  Un libro escrito nunha lingua con menos dun millón de falantes
7.   Un libro que teña lugar en África
8.  Un libro que teña lugar en Asia
9. Un libro que teña lugar na túa cidade (ou perto)
10. Un libro publicado neste ano (2015)
11.Un libro escrito por alguén cando aínda non tiña 25 anos
12. Un libro da literatura española ou galega do século XXI
13.  Un libro que gañara un gran premio nos últimos 10 anos
14. Un libro con protagonistas non humanos
15.  Un libro dun autor que nacese o mesmo día ca ti
16.  Un libro baseado nunha historia real
17.  Un libro de máis de 500 páxinas
18. O primeiro libro dun autor/a famoso/a
19. Un libro ao chou, elixido só pola portada e antes de ler o resumo (e non vale se coñeces xa ao autor/a)
20.  Un libro da literatura infantil ou xuvenil
21.   Un libro dun autor/a novel autoeditado
22.  Un clásico esquecido
23. Un libro sobre libros
24.  Un libro que teñas na casa sen ler

Publicado en Libropatas e en Disquecool


LECTURA DRAMATIZADA DE "A RATEIRA"

Rematamos de ler "A rateira" e atrevémonos a dramatizar algunha escea!.
Esta peza teatral leva representándose en londres desde o ano 1952 e xa vai por máis de 25.000 representacións!
Moi intrigante e, coma sempre nas obras de Agatha Christie cun final inesperado... e o noso asasino/a tivo que traernos a merenda!