18 dic. 2014

A NOSA NOVA LECTURA: A RATEIRA

Desta volta escollemos un xénero distinto: o teatro!
Unha lectura teatral e unha novela policíaca cunha mestra do xénero: Agatha Christie.
Na primeira sesión repartimos os papeis e dramatizamos unha escea.. quen será @ asasin@???
Un gran misterio que desvelaremos na segunda sesión porque @s asasin@s serán @s encargad@s de traernos a merenda!!!
Se clicades na imaxe accederedes a toda a información sobre a autora e as suas obras

4 dic. 2014

OS NOSOS MARCIANOS PREFERIDOS

Para rematar a nosa lectura, aquí están as nosas magníficas criacións, que para quen leu o libro saberá que ten moito que ver na historia: os nosos marcianos!!!! Cal vos gusta máis??? Esperamos os vosos comentarios

20 nov. 2014

VALORACIÓN FINAL DE "EL EXTRAÑO"

E xa chegamos á fin do libro! Unha vez comentada e repousada a súa lectura, aquí están algunhas das opinións d@s integrantes do club:
"É un libro moi divertido e as personaxes están ben traballadas. A historia é cautivadora e bastante profunda. Outra cousa boa é que lese moi rápido". Nerea L.
"O principio parece algo pesado, pero cando les algo máis, a historia cautivate e non podes deixar de ler ata saber o que pasa". Inés.
"A historia é moi realista, e tamén moi divertida. Os personaxes son moi interesantes. Léese moi rápido, e desde que empezas, non podes para de leer". Lucía e Natalia.
"Foi un libro moi interesante e as personaxes son moi realistas. Non me esperaba ese final pero en xeral gustoume moito o libro, leese con moita facilidade". Xiana e Gabriela.
"Gustounos moito, pareceunos moi realista aínda que o final non tanto. Pareceunos moi interesante e os personaxes están moi ben descritos". Nerea, Alba e Noelia.
"O libro pareceunos moi interesante aínda que non era o noso estilo de lecturas.O final foi un pouco decepcionante pese a que estaba moi ben explicado a situación no principio". Marta e Cristina.
"Libro maravilloso. Realista e intrigante sin niguna falta de detalles. Este libro lleva a la imaginación a un lugar muy elevado. Genial, pero con un final muy bruto e inesperado". Iria Rodríguez Atanes.
"Me gustó mucho; lo que mas me gustó fue el principio porque te daba una sensación de misterio y a la vez creaba interés". Selene
"Me gustó bastante, principalmente por que la lectura era muy llevadera, tenía buena historia y estaba muy bien ambientado, aunque me descolocó cuando hablaban de aliens" Rubén

16 oct. 2014

XA TEMOS LECTURA!

Este curso comeza cunha nova lectura!

En realidade quedaranos escollida do curso pasado e xa comezamos con ela.
Seguro que coñecedes ao autor, Jordi Sierra i Fabra; ten publicados moitos libros e algún deles seguro que caiu nas vosas mans.
Na súa web tedes moita información sobre él e os seus libros. Cales liches xa?
Se clicas na imaxe podes ler o argumento e se che interesa, podes xuntarte con nós no club de lectura.

25 jun. 2014

VIDEO RESUMO DESTE CURSO LECTOR

Pois aquí tedes este vídeo resumo do que foi o noso ano no club de lectura...
 para o próximo máis e mellor!!!!!

19 jun. 2014

EL ENIGMA VERMEER

Neste último trimestre a nosa lectura foi "El enigma Vermeer" de Blue Balliett, publicado na editorial Salamandra: un misterio que precisa investigación e que nos levou ao mundo da arte.
Aproveitamos para coñecer a Vermeer, a súa época e a súa obra.
É unha lectura doada, sen complicacións.. a estas alturas do curso mellor así!. É entretida pero demasiadas casualidades!.
En todo caso axudounos a descubrir o mundo da arte e aproveitamos para ver tamén a película: "La joven de la perla" baseada na novela homónima escrita por Tracy Chevalier; a película recrea parte da vida de Vermeer utilizando un dos seus cadros máis célebres que leva o mesmo nome

17 jun. 2014

ESCOLLENDO LECTURAS

Neste último trimestre decidimos escoller lectura dunha forma distinta. 



Temos falado de cómo nos inflúen as capas e as contracapas dos libros: as ilustracións, a tipografía, o deseño, a información sobre a trama e/ou autor/a. Quixemos facer a proba a ver cómo nos influía, así que primeiro escollemos os nosos favoritos sen ver a capa, nin coñecer o título nin autor/a. Nunha segunda volta escollemos só polo aspecto exterior, sen poder ter máis información que o deseño, título e ás veces, resumo da contracapa.
Os resultados foron moi interesantes e fixonos reflexionar sobre as nosas escollas á hora de escoller unhas lecturas ou outras. De feito, algúns dos libros escollidos só pola información exterior (título, deseño, resumo da contracapa) non foran escollidos na primeira rolda e á viceversa, algúns dos escollidos polo contido, logo non lles axudou o deseño.




Un experimento moi interesante!

17 feb. 2014

ENTREVISTA CON SABELA GONZÁLEZ

Como sabedes, quedaramos con curiosidades sobre a nosa lectura Bágoa de Lúa, así que nos puxemos en contacto coa súa autora para trasladarlle as nosas preguntas e eureka! Moi amablemente, Sabela González respostounos e queremos compartir con vós as suas respostas, seguro que vos entran ganas de coñecer o mundo de Landereina!. Animámosvos ademais a coñecer a súa web: landereina 
Aquí vai a nosa pequena entrevista:

1.- Como se che ocorreu esta historia?
A historia de Berenguela e Güenaela saíu dun conto pequeno que se me ocorreu hai máis de dez anos. Imaxinei (ás veces as ideas aparecen nos miolos porque si, supoño) un rei dos típicos de conto, gordecho, barbudo e moi bo ao que quixen chamar Bogardo. Dinlle voltas á historia, pero na miña mente Bogardo era tan bo, que non lle pasaba nada interesante. O interesante, pensei, podería estar arredor del. Tantas voltas lle din que o meu contiño quixo ser libro: inventeille a familia enteira e púxeno nunha terra imaxinaria (parecida á nosa en moitas cousas, pero imaxinaria nunha morea de aspectos), sufrindo por mor dun legado familiar. Con moitos dos personaxes finais en mente, pareceume máis interesante que a aventura a vivisen unhas rapazas que así poden demostrar a súa valía. Gústame que as una o destino e gústame velas medrar como persoas. Os adultos son máis aburridos para algunhas cousas...
En fin, pasei moitos anos engadindo cousas, cambiándoas e quitándoas ata dar co que agora son As Crónicas de Landereina. Sempre me custara escribir cousas máis longas ca un relato de poucas páxinas, así que pasei moito tempo a perfilar que quería contar. Iso si, tardei anos porque fixen moitas máis cousas, non porque se tarde tanto tempo en escribir un libro!  

2.- Por que usaches seres fantásticos para esta historia?
Moitas das eleccións que se fan escribindo e inventando unha historia non teñen un motivo concreto que se recorde. Se me paro a pensalo, moito tivo que ver con que me gustan as historias de fantasía (todas as ficcións, case, a dicir verdade) e coas miñas lecturas do momento, ou coas películas e series que poñían daquela.
De sempre, gustoume moito a mitoloxía, especialmente a nórdica e a celta, e certos seres fantásticos proceden delas. Por outra banda, penso que son moi interesantes e que engadir monstros e criaturas fantásticas dá moito xogo. É unha crueza moi distinta á da realidade pero coido que un bo reflexo. 

3.- Como se che ocorreron eses nomes tan complexos?
Poido resumilo dicindo que son un pouco "friki"... Gústanme moito os idiomas e procurar palabras raras, a etimoloxía das palabras e dos nomes de persoas, e inventar cousas. Se xuntas todo iso, saen unhas cantas tardes moi divertidas poñendo nomes raros. 
Algúns nomes son reais: Berenguela, Güenaela (adaptado do bretón, Gwennaëlle), Alfhildr (é un nome nórdico antigo), Bjarne (diminutivo antigo de Björn, que significa "oso"), etc.
O resto son inventados, algúns baseándome en nomes reais, xuntando varias ideas de nomes e cambiándoos para que soen ben (ou mal, según apeteza), outros collendo unha característica do personaxe e buscando esa palabra noutros idiomas, para logo darlle algunha volta e adaptala... Por exemplo, os nomes dos centauros veñen da cor da súa pelaxe. Busquei a cor en varios idiomas nun tradutor e logo adaptei a palabra. "Ciemny" é escuro en polaco. A día de hoxe, non lembro de onde saíron moitos deles: unha vez que collen forma e imaxinas á personaxe con el, é difícil deixar de velo como un nome de verdade.
Ah! E Sirvian vén do nome dunha aldea de Pontevedra. Nunca estiven, pero o autobús Vigo-Lugo pasa por un cruce no que pon Sirvian nun sinal.
Botade un ollo en behindthename.com e veredes que hai nomes reais xa abondo complexos de seu! 

4.- En quen te inspiraches para crear a Berenguela e a Guenaela? E... cómo é fisicamente Berenguela?
Inevitablemente, inspireime en xente que coñezo, supoño.
Berenguela, na miña cabeza, é unha rapaza tirando a normaliña, nunha primeira ollada. Gústame que non chame a atención. Non é moi alta, nin moi baixa, nin delgada, nin gordiña. Ten o pelo castaño claro, máis ben liso, os ollos verdes (pero dun verde pouco brillante, que ás veces un non sabe se son grises, verdes, ou escuros... e aquí baseime nos meus, que son verdes pero ninguén se dá conta), e a pel tirando a clara. O que máis me gusta dela é que xesticula moito e é moi expresiva, ademais, le ben á xente e ten moita empatía.
Güenaela leva moitas cousas inspiradas na miña irmá, aínda que no carácter non se parecen en nada. Pero si leva os cabelos lacios e claros, os ollos dun azul moi claro e intenso e a figura moi finiña. É máis alta ca a miña irmá, porque  me gusta que sexa unha figura desgarbada á vez que é áxil, de apariencia fráxil pero moi forte.

5.-Tiveches que facer algún borrador?
He, he, algún? Uns cantos! Tomei notas á man, escribín no ordenador, corrixín en papel, corrixín na pantalla... Hai que revisar moitas veces: ler por partes para ver se están ben, lelo todo xunto varias veces para ver o conxunto, buscar erratas, buscar faltas, erros de sentido... Hai moitas versións previas antes da final. Para min, ademais, é moi importante dividir a historia e ir repasando cada certo tempo e tamén tomar notas lonxe do ordenador, darlle voltas ás cousas antes de sentar e tomalas como referencia para seguir escribindo.
Nesta entrada do blog podedes ver parte da papelada coa que acabei (e unha ilustración que fixo un amigo meu de como imaxino a Güenaela): http://www.landereina.com/2013/09/o-nacemento-de-landereina.html

6.- Por que hai dúas liñas de tempo e non unha? Non sería máis sinxelo se só fora unha?
Sería, si, pero resultaría moi aburrido contar a historia de xeito lineal. 
De feito, a historia cóntase en diferentes tempos porque existe un paralelismo en certas cousas entre o que aconteceu no pasado e o que está a acontecer: un descubrimento, unha viaxe, unha batalla... Se se contase de maneira lineal, non habería ningunha sorpresa!

7.- Como se che ocorreu a xeografía da historia?
Como ben se lle ve, a cabra tira ao monte: mirando os nosos montes e rías en Galicia. Aínda que vivo en Vigo, eu son de Cervo (Lugo), e cando vou visitar a meus pais atraveso case toda Galicia. É difícil non inspirarse vendo vilas, montes e costas de aquí. Ademais, en Cervo, imos pola beira do río pasear á cadela e aí é inevitable imaxinar ás rapazas camiñando...

MOITAS GRAZAS, SABELA!!
ESTAMOS DESEXANDO COÑECER AS SEGUINTES AVENTURAS DE BERENGUELA E DE TODA LANDEREINA!

13 feb. 2014

BALANCE DE "BÁGOA DE LÚA"

Rematamos a lectura que estabamos a facer "Bágoa de Lúa", o primeiro dos libros da triloxía "As crónicas de Landereina" de Sabela González. 
As opinións divididas: a quen non lle gusta o xénero fantástico, non lle entusiasmou (aínda que a amizade entre Berenguela e Guenaela deu que falar!), ao resto do grupo gustoulles moito coñecer Landereina e as aventuras de Berenguela e a súa comunidade, agardamos saber que nos depararán as suas novas aventuras. Como nos quedaron preguntas por facer, agardamos poder facerllas chegar á autora.
Toda a información témola nunha estupenda páxina web, ademáis de páxina de facebook e conta en twitter

30 ene. 2014

ENTREVISTA CON SABELA GONZÁLEZ


Queríamos saber algo máis da autora do libro, así que poidemos ver esta entrevista con ela. Pero se cadra aínda temos preguntas que facerlle...

20 ene. 2014

PERSONAXES DE "BÁGOA DE LÚA"

Para poder seguir mellor a lectura, fixemos esta presentación con cada unha das personaxes, así sabemos quen é quen!

16 ene. 2014

NOVA LECTURA: BÁGOA DE LÚA

Comezamos o ano con novo libro de lectura. Neste caso "Bágoa de Lúa" o primeiro dos libros da triloxía de "As crónicas de Landereina" de Sabela González. 
Xa temos as primeiras impresións:

"É un libro fantástico e emocionante. Encántame" Nerea.L
"Gustoume moito pero ten cachos un pouco lentos" Inés.
" Está ben pero pasa demasiado tempo coas descripcions" Rubén.V
Gustounos moito este libro porque é entretido e divertido, a verdade é que está moi ben, temos moitas gañas de seguir lendo: Marta Lorenzo, Nerea Rey e Alba Rodríguez
Este libro non me disgusta pero tampouco me encanta,espero que máis adiante me enganche:Noelia Burés
''Esta bastante ben, aínda que non termina de convencerme de todo''-Brais