19 dic. 2013

POSTER DIXITAL DE "A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE"


Este é o poster dixital elaborado coas aportacións de tod@s, se queres saber o significado dalgún destes elementos, vas ter que ler o libro!

21 nov. 2013

COMENTARIOS DA NOSA LECTURA


"Paréceme un libro moi interesante. Encántame que Calpurnia loite polos seus dereitos, e que intente cambiar o mundo, xa que ela non está dacordo con que as rapazas deban quedar na casa aprendendo a cociñar e a coser e non podan estudiar. Creo que está moi ben redactado e da a entender perfectamente cal era a situación naquela época". Nerea.L

"Moi bó libro e bastante curioso, espero que Calpurnia consiga ser o que quere e non o que esperan dela, ela móstranos que sempre debemos loitar pola nosa liberdade".
Silvana

"Parecenos moi interesante e divertida, encántanos como Calpurnia descubre o mundo que a rodea!"
Inés/Elena

"O libro é moi bó.  Fala sobre unha nena e o seu interese pola natureza. Cando rematas un capítulo danche ganas de ler o seguinte e asi sucesivamente. É moi divertido. Gustounos moito e pareceunos moi interesante".
Nerea, Marta G. e Iria.

"O libro é moi interesante,e aparte sirve para aprender como era a vida antes". 
Brais 

"O libro parécenos ata agora moi interesante, sobre todo os descubrimentos de Calpurnia , a súa intelixencia e a súa forma de razoar". 
Marta L., Noelia e Alba.
"A verdade e que este non é a clase de libro que acostumo ler pero está resultando ser un moi bo, interesante e divertido libro"
Rubén.








7 nov. 2013

XOGA CON DARWIN

E se queres aprender algo máis da selección natural ou da evolución das especies ao tempo que practIcas inglés, proba con este divertido xogo sobre Charles Darwin premendo na imaxe

O ASOMBRO DE MR. DARWIN


E se queredes seguir ao mozo Darwin na súa viaxe polo mundo, só tedes que clicar na imaxe. 
O asombro de Mr. Darwin é unha páxina realizada polos Museos Científicos Coruñeses

MR. DARWIN


Como agora sabemos cada un dos capítulos do libro que estamos lendo: A evolución de Calpurnia Tate comeza cunha cita dun libro moi importante para a ciencia: 
"A evolución das especies" de Charles Darwin. Se queredes saber algo máis do Sr. Darwin podedes ver esta estupenda presentación realizada por Daniel Soutullo para a Casa das Ciencias de Coruña, seguro que vos sorprende!

A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE


Un ano máis temos en marcha o noso Club de Lectura!!

Moitas novas incorporacións e despois dun certo debate para escoller a nosa primeira lectura, xa estamos metid@s nela de cheo. A escolla para este primeiro trimestre foi 
de Jacqueline Kelly editado na Factoria K de Libros de Kalandraka.
Se premes aquí poderás ler as primeiras páxinas do libro, seguro que Calpurnia convertirase nunha das túas personaxes preferidas.
Tamén podes visitar a web da autora, Jacqueline Kelly ou ler unha entrevista con ela para saber e desta súa primeira e exitosa obra onde consegue unha boa mestura entre ciencia e ficción

28 jun. 2013

20 jun. 2013

EXCURSIONEANDO CO CLUB DE LECTURA

E como remate das actividades do Club de Lectura un dos grupos do club fixo unha visita moi proveitosa a Santiago de Compostela: visitamos a universidade, a sede da Biblioteca Universitaria e logo fomos á Libraria Couceiro para escoller lecturas para o próximo ano. Ademais alí nos contaron como se facían os libros e cómo se fan agora. 
Malia a choiva, unha visita moi proveitosa que rematamos visitando na Alameda á escultura a D. Ramón Mª del Valle-Inclán!
Ata o próximo curso!

4 jun. 2013

SIGUE LENDO

Dende as mexicanas Librerías Gandhi chéganos un estupendo consello... sigue lendo...

30 may. 2013

VIDEO-PRESENTACIÓN SOBRE "O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE"

Alguhas das e dos compoñentes do club de lectura estrearonse como creador@s de video!
E fixeron este estupendo vídeo de presentación do libro que lemos "O curioso incidente do can a medianoite". Moitos parabéns a Inés por este traballo feito por ela coa colaboración de Rubén, Elena, Silvana, Brais e Nerea.
A que dan ganas de ler o libro?

OUTROS FINAIS PARA UN LIBRO...

Nesta derradeira sesión sobre 
"O curioso incidente do can a medianoite"  de Mark Haddon, fixemos finais alternativos... cal vos gusta máis?

22 may. 2013

ENDEREZO DESCOÑECIDO


 
Este libro de Kressmann Taylor reflicte a situación que se viviu durante o período anterior á Segunda Guerra Mundial.
A obra está escrita en forma de cartas entre os dous personaxes protagonistas: Max e Martin, dous socios que verán como a súa relación se ve afectada pola situación política e a ideoloxía da Alemania nazi.
Invita a reflexionar sobre a situación actual.
Recomendariamola sen dúbida!

16 may. 2013

ENCONTRO VIRTUAL CON FERNANDO M. CIMADEVILA

O pasado mes de abril, o Club de Lectura mantivo un encontro virtual con Fernando M. Cimadevila, autor da saga "O mundo secreto de Basilius Hoffman" do que limos o primeiro libro "O ladrón de soños".
Foi unha experiencia estupenda na que tivemos a oportunidade de preguntarlle moitas cousas sobre o libro e sobre o seu traballo como escritor e ademais tivemos a primicia de coñecer a un dos protagonistas. Jim-Jim! Ademais deste video tamén podedes ler a entrevista no blog de Silvana:  
Moitas grazas a Fernando pola súa xenerosidade e se aínda non o fixestes, non deixedes de ler as aventuras do Profesor Basilius Hoffman!

25 abr. 2013

XA TEMOS NOVA LECTURA

Xa temos nova lectura!!
"O curioso incidente do can a medianoite"
de Mark Haddon

Xa comezamos a ler e estamos atrapados coa personalidade de Christopher... E estamos desexando avanzar na lectura para explicarnos o curioso incidente do can a medianoite...


14 mar. 2013

IMAXINANDO A RIVKA


E aquí está a interpretación do Club de lectura dunha das nosas personaxes favoritas de 
"O mundo secreto de Basilius Hoffman. Ladrón de soños": 
Rivka!
Hai verdadeiras chuladas, temos entre nós moit@s artistas!

O NOSO PROFESOR BASILIUS HOFFMAN


Aquí está a nosa visión do profesor Basilus Hoffman!
Que vos parece??

11 mar. 2013

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

Proseguimos o noso percorrido no club de lectura cunha obra moi interesante : 
"O pintor do sombreiro de malvas" 
de Marcos Calveiro.

Escollemos esta obra entre as moitas que temos de Marcos Calveiro na nosa biblioteca e está sendo moi interesante.

Neste enlace tedes máis información sobre este libro que nos dá moitas ganas de saber máis cousas de Van Gogh e o impresionismo

14 feb. 2013

LECTURA E MADALENAS!

Hoxe, para amenizar a nosa sesión do Club de Lectura, Nerea trouxonos unha riquísimas madalenas: a que teñen boa pinta?? 
Pois estaban riquísimas, complemento ideal para a nosa lectura: "O mundo secreto de Basilius Hoffman"

31 ene. 2013

O mundo secreto de Basilius Hoffman.

Presentámosvos a nova lectura do noso club de lectura,
"O mundo secreto de Basilius Hoffman"
.
A primeira impresion deste libro foi:
Só unha palabra...ESPECTACULAR - Laura 
A miña impresion ...PRECIOSO - Cristina
Menudo libro é SUPERINTERESANTE-Nerea
Guai - Lidia
Este libro é INCREÍBLE-Brais
Recomendovos a todos ler este libro-Rubén

E seguiremos informando...

24 ene. 2013

Seda de Alessandro Baricco

O relato Seda pareceunos unha obra abraiante cuxo argumento nos sorprendeu por estar contado doutro xeito, con outra estructura diferente ao coñecido. Á súa vez, pareceunos que tiña o ritmo demasiado lento, que necesita máis acción e aventura, de todos xeitos, recomendamos a súa lectura.

10 ene. 2013

La Edad de los Milagros

Es un libro bonito, aunque no esperábamos que acabara así, pensamos que era un final feliz pero...
Lo seguimos recomendando, nota media 9.
Todos los del club de lectura lo recomendamos aún así.