22 nov 2012

A nosa primeira lectura

Ola, a tod@s desde o club de lectura.
Presentámosvos o libro que estamos lendo.
"La edad de los milagros".
de Karen Thompson Walker.
A nosa primeira impresion e moi boa.
Temos ganas de leer máis.
Trata de unha nena chamada Julia,e que nota que se ralentiza a rotación da Terra.
Está moi interesante e recomendámolo. Aquí temos un video para mostrarvos de que vai a historia.
Que lle pasará a Julia...?



15 nov 2012

TEORÍAS SOBRE A NOSA LECTURA MÁIS NEGRA


As distintas teorías que se nos ocorreron sobre os diversos crimes tras unha tarde reunidas ás membras do Clube de Lectura, foron catro:

1ª teoría: La primera teoría se basa en que Caroline tenía un idilio con el hijo de señor Ackroyd y estaban los dos confabulados para quedarse con la herencia de su padre y por eso lo mató.

2ª teoría: O señor Ferrars ten unha relación extra-matrimonial con Caroline; entón, a señora Ferrars entérase e envelenao. Caroline ao saber disto mata por vinganza á señora Ferrars. Finalmente comeza un romance co fillo do señor Ackroyd e mata ao seu pai ás suas costas, para poder quedarse coa súa herdanza.

3ª teoria: Algunha persoa sabe que a señora Ferrars matou ao seu marido, e alguén sabe que ela o matou e matou a señora e esta señora antes de morrer envioulle unha carta ao señor Ackroyd e o asasino matou a este porque na carta habia informacion que el non queria que se soubese.

4ª teoría: O fillo do señor Ackroyd matou ao seu pai para levarse toda a herdanza da familia, pois é unha das persoas as que máis lle convén a morte de Roger Ackroyd. Raphl Ackroyd asasinou á señora Ferrars ao enterarse de que esta tiña un romance co seu pai e podía levar parte da herdanza.
Quen será o asasino? 
Haberá máis de un ou unha?

9 nov 2012

NOV@S MEMBROS DO CLUB!!!



Aquí está o novo grupo do Club de Lectura!

Cristina, Elena, Laura, Lidia, Nerea e Rubén son os compoñentes do grupo, pero aínda se pode sumar máis xente.
El@s xa o decidiron e o teñen clarísimo: gústalles ler e saben que vai estar moi ben compartir lecturas e tamén algunha tarta que outra, aproveitando que hai quen vai estar de cumpreanos e o vai celebrar co Club!.

Xa decidiron cal vai ser a súa primeira lectura, pero diso xa vos falarán a próxima semana...