4 jul. 2011

VIAXE DE FIN DE CURSO DO CLUB DE LECTURA

Quixemos despedir as actividades do club neste curso cunha saída a Santiago de Compostela. Aínda que moitas compeñentes non puideron vir, aproveitamos moi ben o tempo: vimos a cidade, visitamos unha Biblioteca moi especial (a da facultade de Xeografía e Historia) e asistimos a unha fantástica explicación sobre a encudernación de libros na Libraría Couceiro. Alí aproveitamos para adquirir libros que pasarán a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
ATA O PRÓXIMO CURSO!

TODO O VERÁN POR DIANTE

Despois dun intenso debate esta foi a lectura escollida para rematar o curso: o título é moi suxestivo e apropiado para esta época, nonsi?
Se queres saber máis sobre esta lectura, preme na imaxe