14 feb 2011

¡Lemos teatro!

Como neste trimestre a cousa vai de teatro na nosa Biblioteca, no club de lectura tamén decidimos sumarnos e ler un texto teatral moi divertido "Comedia bífida" de Manuel Núñez Singala. Ademais será Armando Requeixo quen coordenará as sesións... seguro que ademais de pasalo ben co texto imos aprender moito!